Amosando publicacións coa etiqueta #Curso24-25. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #Curso24-25. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de xuño de 2025

Pechamos...

 ... coa festa da auga!






Pechamos este curso 2024-2025 como so nós sabemos facer! 
Gozamos dunha mañá calorosa xogando todos xuntos e refrescándonos coa auga.

Marchamos para repoñer forzas e poder volver en setembro con máis ganas e ilusión.


BO VERÁN :)

luns, 19 de maio de 2025

Xesto escolar polo Día das Letras Galegas

















O venres 16 de maio ás 12:30 horas a comunidade educativa do colexio salesiano María Auxiliadora da nosa cidade de Ourense realizou un acto colexial para festexar o Día das Letras Galegas que por caer en sábado este curso o 17 de maio, adiantamos ao venres 16, coordinado polo EDLG.

É a nosa festa escolar polas Letras Galegas. Preténdese que toda a comunidade educativa celebre esta festa tan nosa. Participamos case 1.200 persoas.

 

Os obxectivos que pretendemos son os seguintes:

-          Potenciar os valores propios da festa das Letras Galegas

-          Promover o uso da lingua galega no cotián

-          Dar a coñecer o autor homenaxeado deste ano

-          Sentirnos comunidade educativa unida en torno ao noso país

 

Horario e explicación do acto:

11:40-12:10h. Motivación e explicación na clase do acto que imos realizar como comunidade educativa (EI-EP-ESO-BAC.).

      Reparto do marcapáxinas conmemorativo.

 

12:30-13:00h. Xuntanza de toda a comunidade educativa no ximnasio do colexio.

1º Presentación.

2º Motivación e explicación de por que se celebra e por que celebramos nós o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. (Mónica Fernández, técnica de normalización lingüística no Concello).

3º Presentación da figura das cantareiras a partires do traballo preparado polo  alumnado de EP. 

4º Mil primaveras máis para o galego.

Un grupo do alumnado de Infantil portará a bandeira galega.

Unha persoa de cada un dos cursos de Secundaria levou na man unha flor e un folio no que levou escrito o lema que leu para o resto diante do micro.

Despois de ler quedou diante da bandeira e os representantes repetiron en voz alta e alzando a flor: “Mil primaveras máis para o galego!” e depositaron a flor na bandeira. 

5º Himno Galego e despedida: 

12:30h. Fin do acto.


 

mércores, 19 de marzo de 2025

Xornadas da lingua encontro con Guillelme








O martes 18 de marzo na aula magna, tivemos o encontro con Guillerme Denís Castillo, dentro das XVII Xornadas da Lingua que se celebran anualmente en Salesianos, baixo o lema “Eu falo, ti podes. Inténtao”.

O escritor novel Guillelme Denís Castillo, mestre de vocación, presentounos “O inframundo”, unha novela de aventuras na que mestura suspense, fantasía e intriga.

Despois da exposición tivo lugar un coloquio-conversa entre os asistentes e o autor.  


 

martes, 25 de febreiro de 2025

XESTO INTERCENTROS POLO DÍA DE ROSALIA - LUNS 24















XESTO INTERCENTROS POLO DÍA DE ROSALIA - LUNS 24

A Coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) dos colexios de Escolas católicas da provincia de Ourense organizou para o luns 24 de febreiro un acto de 11:15 a 12:45 h no salón de plenos do Concello de Ourense. Houbo unha representación do alumnado dos colexios Josefinas, Purísima, Carmelitas, Franciscanas, Salesianos e Franciscanas de O Carballiño. O acto consistiu na lectura dun manifesto, recitado de poemas e cancións sobre a nosa Rosalía.Finalizamos o actos nos xardíns do Pai Feixoo cantando a Rosalía para todo Ourense.


 

sábado, 22 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA, VENRES 21 de FEBREIRO, EN SALESIANOS










XESTO ESCOLAR NO DÍA DE ROSALIA

Ás 11:45 h na aula magna do colexio soaron poemas rosalianos.

Unha representación do alumnado pronunciou unhas palabras de presentación deste acto colexial aberto á toda a comunidade educativa e recitaronse algúns poemas da autora.

Rematouse o acto poñéndonos a carauta de Rosalía todos os participantes no acto. É un xesto visual indicando que todos/as somos Rosalía!.

 

As distintas aulas de galego traballan durante estes días realizando nas aulas distintas actividades para dar a coñecer a Rosalía de Castro.

En Primaria faranse manualidades a partires de pequenas unidades didácticas sobre a vida e obra de Rosalía.

En Infantil van facer unha actividade por nivel baseada na obra e vida de Rosalia.

Tamén na sala aberta haberá unha imaxe de Rosalía a tamaño natural para tela presente nestes días.

 

venres, 31 de xaneiro de 2025

Xesto escolar pola paz







O propio 30 de xaneiro, día do DENYP, toda a comunidade educativa tivo un xesto en defensa da paz no mundo