sábado, 22 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA, VENRES 21 de FEBREIRO, EN SALESIANOS










XESTO ESCOLAR NO DÍA DE ROSALIA

Ás 11:45 h na aula magna do colexio soaron poemas rosalianos.

Unha representación do alumnado pronunciou unhas palabras de presentación deste acto colexial aberto á toda a comunidade educativa e recitaronse algúns poemas da autora.

Rematouse o acto poñéndonos a carauta de Rosalía todos os participantes no acto. É un xesto visual indicando que todos/as somos Rosalía!.

 

As distintas aulas de galego traballan durante estes días realizando nas aulas distintas actividades para dar a coñecer a Rosalía de Castro.

En Primaria faranse manualidades a partires de pequenas unidades didácticas sobre a vida e obra de Rosalía.

En Infantil van facer unha actividade por nivel baseada na obra e vida de Rosalia.

Tamén na sala aberta haberá unha imaxe de Rosalía a tamaño natural para tela presente nestes días.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario