A PAZ
Un ano máis festexamos a PAZ!
A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respeto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para recordar o 30 de xaneiro. No día da Paz, os centros educativos comprometémonos como defensores da paz e o entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.
Neste día celebrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India 1869-1948) líder pacifista que defendeu e promovey a non violencia e a resistencia pacífica fronte ás inxusticias.
Unha educación inspirada na cultura da non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globales críticos e comprometidos cos seus dereitos e os das outras persoas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario