martes, 23 de xaneiro de 2024

Proxecto dos seres vivos

 









En 5º de Primaria, na materia de Ciencias da Natureza, levamos a cabo unha actividade de Aprendizaxe Cooperativa Formal: traballamos en grupos, cuns roles definidos, co obxectivo de practicar a técnica de estudo do resumo dos contidos do tema que queriamos traballar.  

Despois, fixemos unha breve presentación e explicación aos compañeiros. 

Con todo o traballo realizado, elaboramos os nosos apuntamentos sobre o tema dos seres vivos. Deste xeito, foi máis efectivo e sinxelo repasar os conceptos e ideas. 

Ademais, cando traballamos en grupo aprendemos máis e mellor!



Ningún comentario:

Publicar un comentario