Dentro das XII Xornadas da Lingua en Salesianos Ourense organizadas polo Equipo
de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) participamos no “Encontro con… Afonso
Vázquez Monxardín”, que tivo lugar o martes 3 de marzo de 17:45 a 19h. na Aula
Magna do colexio.
Compartiu
connosco o relatorio “Un tempo, unha xente, unha revista... Nós”. Este acto
está aberto á participación e asistencia de toda a comunidade educativa do
colexio salesiano (profesorado, PAS, familias e alumnado), así como á cidadanía
en xeral (ata completar aforo), pois é un acto público dentro das Xornadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario