Coñecedes esta iniciativa da CRTVG que leva funcionando desde o pasado mes de xuño?
"Radio Picariña" é unha canle dixital de música infantil e xuvenil a través da cal podemos acceder a unha selección das mil mellores cancións en lingua galega para a rapazada.
O funcionamento é ben sinxelo. Accedendo á canle desde esta ligazón podemos seleccionar os temas, crear a nosa propia listaxe de reprodución e escoitar desde o PC ou desde calquera dispositivo móbil a música escollida.
As cancións están ordenadas de forma
alfabética por título. Na información que se mostra está o
título da canción, o álbum ao que pertence e os autores da mesma. Doado, non si?
Xa sabedes, se queredes que as vosas pequenas e pequenos escoiten música en galego, que se acheguen á lingua dunha maneira lúdica e que aprendan, aquí tedes un bo recurso do que botar man.
As linguas suman!
Ningún comentario:
Publicar un comentario