O próximo sábado 3 de marzo, celebrarase a XVI Edición dos Premios Mestre Mateo organizada pola Academia Galega do Audiovisual (AGA).
Coñécense quen son finalistas, pero para saber a quen se lles entrega desta volta os premios da Academia haberá que agardar ata a fin de semana.
Seguramente poidamos coñecer o que se está facendo no eido audiovisual galego. É importante coñecer para valorar.
Hoxe queremos compartir con vós a nosa descuberta da edición pasada: a web serie galega e en galego "Galicia Crime", "ambientada nos Concellos Unidos de Galicia,
unha terra que mestura bica con pancakes, muñeiras con country, o
enxebre co cool. Un lugar no que calquera soño é posible, a terra das
oportunidades e o marisco".
As risas están aseguradas.
Dádeslle unha oportunidade!
No vídeo vai o 1º capítulo da Temporada 1. Nesta ligazón, o acceso á súa páxina web para que poidades botarlle unha ollada ao proxecto, aos demais capítulos, ao caderno de produción...
Ningún comentario:
Publicar un comentario