venres, 12 de setembro de 2025

Festexamos ...

 ... a inauguración deste curso sendo PROTAGONISTAS DA HISTORIA!!!







Hoxe, as etapas de infantil e primaria vivimos un momento moi especial: a inauguración oficial deste curso 25-26.

O patio de primaria encheuse de rapazada, profesorado, pas e comunidade salesiana vivindo un momento de ledicia, sorrisos compartidos e moita ilusión. Compartindo entre todos unha pequena celebración que marca o inicio dunha nova aventura chea de aprendizaxes, xogos e momentos compartidos.

Logo desta celebración, acudimos toda a comunidade educativa á fachada do colexio para asisitir a un xesto simbólico contra os incendios que tanto dano causaron este verán na nosa terra.

O alumnado da ESO liu un manifesto no qeu expresaron a nosa solidaridade coas persoas afectadas e o noso agradecemento a todas as persoas e equipos que loitaron para frear o avance das lapas: brigadistas, bombeiros, persoas voluntarias, veciñanza e corpos de seguridade.

Unha chamada á conciencia, ao coidado da natureza e á esperanza de qeu xuntos podemos protexer a nosa TERRA.

venres, 5 de setembro de 2025

luns, 1 de setembro de 2025

1 DE SETEMBRO

 COMEZAMOS CURSO NOVO




Unha historia que acoller” 

 Esperanza

Toda gran historia comenza cunha chamada que acoller, cunha semente de esperanza. Esta é a nosa: unha historia que Deus comezou en nós e que está chamada a dar froito.


“Unha historia que vivir” 

 Amor

A historia non é so para ser contada, se non para ser vivida. O amor de Deus fíxose carne, e convídanos a vivir e amar con autenticidade, entregando a vida.


“Unha historia que agasallar”

 Ledicia

A ledicia non se garda, agasállase. O Resucitado envíanos a ser testemuña. A nosa historia multiplícase cando se convirte en don para todos.

venres, 20 de xuño de 2025

Pechamos...

 ... coa festa da auga!






Pechamos este curso 2024-2025 como so nós sabemos facer! 
Gozamos dunha mañá calorosa xogando todos xuntos e refrescándonos coa auga.

Marchamos para repoñer forzas e poder volver en setembro con máis ganas e ilusión.


BO VERÁN :)

mércores, 28 de maio de 2025

Mércores da froita

 

























Pechamos 👋🏻 o noso proxecto de Saúde Integral 🧑🏻‍⚕️👩🏾‍⚕️entregando os máis que merecidos FRUTODIPLOMAS📃!

Ao longo deste curso moito do noso alumnado 👧🏼🧒🏽👦🏻👧🏾 participou nos mércores da froita🍓🥭! Traendo os seus manxares de froita máis variados e saudables🥝🥑🫒🍏🍍🍌🍉🍑🍊🍎🥥! 

Un ano máis logramos con este proxecto motivar e promover hábitos saudables para todos: pequenos, medianos e grandes! 😍🤩

Viva os mércores da froita! 🥳 Viva os nosos frutodiplomas!🥳


luns, 19 de maio de 2025

Xesto escolar polo Día das Letras Galegas

















O venres 16 de maio ás 12:30 horas a comunidade educativa do colexio salesiano María Auxiliadora da nosa cidade de Ourense realizou un acto colexial para festexar o Día das Letras Galegas que por caer en sábado este curso o 17 de maio, adiantamos ao venres 16, coordinado polo EDLG.

É a nosa festa escolar polas Letras Galegas. Preténdese que toda a comunidade educativa celebre esta festa tan nosa. Participamos case 1.200 persoas.

 

Os obxectivos que pretendemos son os seguintes:

-          Potenciar os valores propios da festa das Letras Galegas

-          Promover o uso da lingua galega no cotián

-          Dar a coñecer o autor homenaxeado deste ano

-          Sentirnos comunidade educativa unida en torno ao noso país

 

Horario e explicación do acto:

11:40-12:10h. Motivación e explicación na clase do acto que imos realizar como comunidade educativa (EI-EP-ESO-BAC.).

      Reparto do marcapáxinas conmemorativo.

 

12:30-13:00h. Xuntanza de toda a comunidade educativa no ximnasio do colexio.

Presentación.

Motivación e explicación de por que se celebra e por que celebramos nós o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. (Mónica Fernández, técnica de normalización lingüística no Concello).

Presentación da figura das cantareiras a partires do traballo preparado polo  alumnado de EP. 

Mil primaveras máis para o galego.

Un grupo do alumnado de Infantil portará a bandeira galega.

Unha persoa de cada un dos cursos de Secundaria levou na man unha flor e un folio no que levou escrito o lema que leu para o resto diante do micro.

Despois de ler quedou diante da bandeira e os representantes repetiron en voz alta e alzando a flor: “Mil primaveras máis para o galego!” e depositaron a flor na bandeira. 

Himno Galego e despedida: 

12:30h. Fin do acto.


 

martes, 13 de maio de 2025

Festa da lingua dos colexios ourensáns de Escolas católicas












O 12 de maio de 10:30 a 12:30 no salón de actos de Carmelitas os colexios de escolas católicas de Ourense (Josefinas, Franciscanas, Carmelitas, Sagrado Corazón de Carballiño, Purísima e Salesianos) co seu alumnado de 5º e 6º de EP participaron nunha velada musical moi participativa e de alto nivel musical en honra ás cantareiras