venres, 4 de marzo de 2016

Bases do concurso "Viñeta en branco"

Queres conseguir un lote de libros e un par de entradas para ir de balde ao cine?

Esta é a túa oportunidade: Participa no concurso que che propoñemos co gallo das VIII Xornadas da Lingua!

Como?
Seleccionando unha das viñetas que che propoñemos e poñéndolle texto.
Podes participar só con unha delas ou cos catro (non vale repetir modelo!).

Cando?
Desde xa até o 17 de maio de 2016.

Onde?
Se es alumna/o do colexio, entregándolla ao profesorado de Lingua galega.
Se es profe, pai, nai ou PAS, entregándoa en Secretaría.

Neste enlace podes consultar as bases do concurso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario